Se muestran los artículos pertenecientes a Febrero de 2007.
Resumen
- 19/02/2007 12:29 - ENTROIDO
- 27/02/2007 20:19 - SISTEMA SOLAR
19/02/2007
ENTROIDO

Xa rematou o desfile de Entroido no cole no que a Natureza con variedade de animaliños, árbores e froitos... foi o motivo principal dos disfraces.
Xoaniñas e eirugas entre outros desfilaron como auténticos profesionais.
Temos agora uns días na casa ata o Xoves que voltamos, para descansar e adicarlle tempo a preparar os traxes de viúv@s para o enterro do loro Ravachol.
Temos moitas páxinas para colorear máscaras e incluso podemos facer o noso propio gorro para a ocasión.
Tamén podemos facer outras manualidades con material de refugallo que temos pola casa (cartóns de cereais, de ovos, bricks de leite ou zume, cds ....) que poderíamos compartir á volta destas pequenas vacacións.
Non está de más facer un percorrido pola nosa Xeografía para ver como celebran estas datas nas distintas provincias GALEGAS e probar todas esas receitas de postres típicos destas datas que tan ben preparan nas vosas casas como puidemos probar no concurso de filloas deste ano.
Non vos pasedes e os vaia pasar como á "Eiruga larpeira" e acabedes de mal humor como "A xoaniña rosmona" . Lembrade que os nosos mares están repletos de peixes como os amigos de "Hermit crab" que tamén poden facer pratos deliciosos para estes días.
XA CONTAREDES Á VOLTA.....
27/02/2007
SISTEMA SOLAR

Un dos temas estudados en Coñecemento do Medio e o Sistema Solar.
Nesta páxina atoparás información sobre os Planetas só con pulsar có rato en cada un deles.
Unha das preguntas que tiñamos que respostar é o porqué dos días e noites, nesta animación atoparemos a explicación.
Xa vos dixen que na rede atoparíamos moitos xogos e actividades para repasar o aprendido. A maioría da información está en língua castelá
Primeiro temos que ter clara a información para logo poder practicar as actividades propostas.
Tamén podemos colorear debuxos dos planetas do Sistema Solar. Ou facer actividades clic como as que atopamos neste enlace adaptadas ó s vosos coñecementos e en língua galega.
Se aínda tedes tempo podedes practicar estes xogos nos que poderedes descubrir cousas interesantes sobre este tema e tamén practicar inglés.
Se tedes ocasión, non esquezades visitar o Planetario na Casa das Ciencias na Coruña.


