Blogia

Nen@s de Vidal Portela

O CICLO DA AUGA

O CICLO DA AUGA

Hoxe estivemos na aula de Informática @s alumn@s de 2º de Primaria  e vimos na pantalla a historia de "GLUP"  unha gota de auga moi rebuldeira.

Tamen entramos nunha páxina con xogos pero non tivemos moito tempo de probalos.

Os que teñen internet en casa poden probar , e repasar inglés se vitan algun dos enlaces da páxina do enlace ou escitar nesta animación como o Ciclo da auga repítese unha e outra vez, voltando a empezar.

 Ploppy nesta outra animación en castelán  deíxanos decidir  o que lle vai pasar a gota de auga.É moi divertido¡

 Podemos ler a historia de Clarita que  é outra gota de auga que tamén viaxa , ou escoitar como Chipi  de forma interactiva invitannos a coñecer un pouquiño máis sobre a importancia e usos da auga ou ben aprender datos divertidos sobre a auga .

Tedes máis xogos nesta páxina pero precisades ter instalado flash no teu ordenador.

Nesta páxina mexicana os Hidrokids  ofrecennos unha divertida aventura.

Podemos tamén facer o nos propio miniciclo da auga se probamos a facer este experimento na casa.

EUROPA

EUROPA

 Estamos empezando a coñecer Europa nas clases de Coñecemento do Medio.

Podemos practicar con este mapa a ver si somos quen de poñer os países no seu sitio.

Neste outro podedes practicar algunhas capitais ou aprender en Inglés un pouco sobre a Comunidade Económica Europea con actividades CLIC.

Pintamos banderas na clase de Plástica , e tedes en cada unha das que podedes atopar na páxina de enlace información sobre os países membros da Comunidade Económica Europea. Moitos deles participan connosco nos Proxectos e-twinning que estamos desenvolvendo no cole.

 

Moita máis información encontrarás nesta páxina onde podes escoler idioma ou nesta  si te queda algo por aprender.

Sabes quen é Javier Solana? seguro que o próximo día algo poderás contar na clase.

Non esquezas a páxina de xogos que xa probamos en clase.....

XA ESTAMOS ON LINE!

XA ESTAMOS ON LINE!

 Xa están as imaxes de 1º B e 6ºA na web do Proxecto "Hands in hands".

Pronto estarán outros cursos que aínda non remataron.

Votade un ollo o que fixeron os outros países  e estade atentos porque pronto as vosas imaxes aparecerán nun novo xogo de Lieven.

  

Treesmas Card!

Treesmas Card!

Esta é a felicitación de Nadal que fixemos para mandarlle ós países que participan conosco no Proxecto "Hands in hands".

Cada vez somos máis como podedes ver na páxina web do Proxecto. As vosas imaxes ídelas atopar na man número 4.

A imaxe  fixémola coa axuda de Tux-paint, aproveitando a imaxe do póster que fixemos para poñer fora da aula no Nadal.

Non é unha confusión . Xa sabemos que en inglés  é "Happy Christmas" pero  pero esta é a nosa árbore Feliz feita coas "mans" que todos pintáchedes na clase.

 A profe Vijlenka tamén mandounos unha felicitación e invitounos a colaborar con ela  nas actividades do Proxecto que podedes ver na sua páxina.

O HOMIÑO DE MAZAPÁN

O HOMIÑO DE MAZAPÁN

Estivemos lendo na clase o conto "O homiño de mazapán" que podedes escoitar en Inglés neste  enlace nunha versión un pouco diferente.

Podes contarlle o conto ós teus pais, irmás pequenos...coa axuda destes títeres.

Esta outra versión tamén ten final feliz e tamén repasarás o teu inglés.

Se te poden axudar en casa , nesta outra páxina atoparás moitas ideas  para practicalo mentras te divirtes, ou podes seguir estas instruccións  e traernos o resultado ó cole.

Para empezar necesitarás unha plantilla valeira ben do homiño ou da muller escolle o que tí prefiras nesta páxina ou recorda o aprendido facendo unha "family".

Na aula de informática estivemos decorando a sua casa e a algúns deulles tempo a decorar o seu propio homiño .

Tedes outra casa na que podedes poñer un ou varios bonecos ó voso gusto.

Podedes atopar moitas páxinas nas que colorear este boneco ou imprimilo para colorear na casa.

Tamén podes decorar esta árbore de Nadal  ou esta outra e logo imprimila ,axudarlle nesta a Papá Noel ou ben imprimir as imaxes que aparecen na árbore de Advento desta páxina na que apareceu o noso amigo o día 4.

Rudolph o reno de Papá Noel farate pasar un bo rato xogando ó  tres en raia e se todavía queres xogar un pouco máis....podes probar estes outros xogos para un bo rato de diversión.

Esta outra actividade para facer estrelas de neve  vai manterte ocupad@ un bo rato e podes aproveitar para facer un boneco de neve como o da película do Snowman. que miramos na sala de Audiovisuais ou este outro con forma de osiño.

 Podes tamén practicar Inglés coas panxoliñas que atoparás na mesma páxina e aprender a historia do Nacemento de Xesús .

Se aínda tes tempo e querer seguir facendo adornos para poñer en casa nestas datas non olvides visitar esta páxina de manualidades na que atopará ideas para pasar un bo rato.

 Os amigos da Escola de caracois propoñen unha idea moi orixinal para felicitar ós teus amigos convirtíndote en trasno de Papá Noel pídelle axuda a Papi ou mami para insertar a túa foto.

ENCERADO DIXITAL

ENCERADO DIXITAL

 Coa nova sala de audiovisuais xa podemos usar máis comodamente o encerado dixital.

 Aínda non foron tódolos cursos pero esperamos que pouco a pouco poidan probalo.

 Utilizámolo para repasar a lección de Coñecemento do Medio cós de 6º, en Língua Galega fixemos contos cós de Primeiro e os de Educación Infantil foron os que tiveron ocasión de probalo na clase de Inglés.

 Xa estamos empezando a crear novos materiais para poder usalos axiña e contarémosvos as novidades que acontezan.

O NOSO CORPO

O NOSO CORPO

 Casimiro axudouvos a repasar o esqueleto e púsose así de guapo para celebrar o SAMAÍN.

 O funcionamento do noso corpo e moi complexo e temos que ter ben claro as distintas funcións que realizan os aparellos que o forman.

Xa rematamos a lección , pero aínda queda moito por aclarar e repasar.

Nesta páxina podedes ver unha estupenda animación explicando o procexo da dixestión aínda que está en castelán.

Dentro do paquete de actividades CLIC hai varias que poden servirnos para repasar o aprendido que sí que están en galego.

Empezaremos pola nutrición, para logo lembrar o resto dos procesos estudiados: a respiración, a circulación e a excreción.

 Tamén podemos engadir o resto das funcións estudiadas coas profes Isabel e Mercedes coas actividades desta outra  páxina .

Non está de mais que lle votemos unha ollada a esta outra en inglés coa que poderemos repasar o aprendido en Coñecemento do Medio e practicar  Língua Estranxeira ó tempo.

 Xa contaredes que vos parece este repaso que imos facer coa axuda do encerado dixital na sala de audivisuais.

 

ESCRIBINDO NO ORDENADOR....

ESCRIBINDO NO ORDENADOR....

Onte estivemos escribindo no ordenador na clase de Galego e foi moito máis doado porque cando borrábamos podíamos volver a facelo sin ter que escribir todo o texto.

Podedes practicar en casa pero seguro que é moito máis divertido si papi ou mami instalan no ordenador estas "fontes" que propoñennos os amigos da Escola de caracois.

 Seguro que é moito máis divertido se vamos probando os distintos tipos de letras que atopamos nas distintas páxinas que suxiren no seu artigo do día 28 de Outubro.

 Na sección de enlaces atoparedes moitas páxinas coas que aprenderedes e pasaredes un bo rato.

Xa me contaredes...¡

Non esquezades que mañá celebramos o Magosto  e podedes traer trompos e canicas de casa para xogar no patio e a cestiña  feita con cartón de leite para recolle-las castañas...

GUY FAWKES

GUY FAWKES

Hoxe é o día de GUY FAWKES.

Nesta data "the 5th of November" os Británicos lembran que descubriron o "complot da pólvora" que argallaban Guy Fawkes e os seus compinches para matar ó rei Xaime I.

 Nesta noite, fan fogueiras similares ás que nos facemos polo  San Xoan cun boneco enriba e os nenos van pedir   "a penny for the guy"  rematando a noite con "fireworks" o fogos de lucería como os que nos votamos na maioría das nosas festas.

Non somos tan distintos ......

¿Non sí?

SAMAÍN/HALLOWEEN

SAMAÍN/HALLOWEEN

 Xa remataron as actividades programadas para celebrar o SAMAÍN e HALLOWEEN no colexio.

Na casa ,podemos pasar un bo rato con esta cabaza virtual e as outras actividades que podedes atopar nesta páxina .

Se aínda queres facer máis manualidades collede calquera desta páxina. Podedelas atopar por temas ou por material empregado.

 Có material de refugallo que podedes atopar pola casa podedes facer cousas moi bonitas.

Probade¡

 

Benvid@s

Benvid@s

Benvid@s á nosa BLOG.

Dende aquí será moito máis doado traballar cós ordenadores  e consultar dúbidas dende casa.

Poderedes atopar información e axuda sobre as distintas materias que a profe Mela imparte este ano no C.E.I.P Vidal Portela:

Inglés en Educación Infantil,

Língua Galega e Língua Castelá en 1º de Educación Primaria,

Plástica e Coñecemento do Medio en 6º de Primaria e

Apoio á Aplicación das Novas Tecnoloxías nas distintas áreas do curriculo de Educación Primaria naqueles cursos  que o precisen para levar a cabo os Proxectos e-twinning nos que está participando o Centro.

 Este ano colaboramos de novo con Lieven Van Parys nun novo Proxecto no que traballaremos  sentimentos.

Podedes ver na páxina do seu colexio outros traballos interesantes de anos anteriores  que poden servirnos como referencia.

Tamén colabora connosco a profe Belén neste e no noso Proxecto dos "Libros que medran".

 Xa empezamos a usar o programa tuxpaint có que "faremos" moitas das imaxes dos nosos libros . Tamén fixemos a visita "virtual" ó zoo de Vigo  e pouco a pouco engadiremos os traballos que fagamos .

 Non esquezades acudir a consultar as dúbidas que puideran aparecer tanto no cole como dende casa na sección de comentarios.