Blogia
Nen@s de Vidal Portela

GALEGO

O CARBALLO

O CARBALLO

Xa sabedes  que o equipo de Normalización Lingüística do cole , acaba de propoñernos un Proxecto  acerca desa árbore tan nosa coma o carballo.

Navegando polas páxinas doutros coles podemos atopar información moi interesante e incluso Proxectos como este que emprendeu a obra social de Caixa Galicia no mes de Outubro.

 Na rede podemos atopar imaxes , rimas e poemas como este que podedes atopar na páxina anterior

"O CARBALLO"
Carballo, carballiño da carballeira
Carballo, carballiño que poucos quedan.
das túas polas tivo teito a miña casa...
do teu pé saquei madeira pro meu carro...
coas túa polas fixen rachas pra face-lo caldo...
cebei o meu porquiño coas túas landras...
e coas túas follas fíxenlle a cama...
á túa sombra, recobrei vida...
Carballo, carballiño da carballeira
Carballo, carballiño que poucos quedan


 ritos, lendas, e incluso referencias mitolóxicas sobre o tema. Tamén ides atopar relatos , historias como esta traducida do francés e que podemos atopar en vídeo  en inglés   e foi traducida  a varios idiomas ou  contos como estes do "carballo con botas" ademáis de  moitos libros  recentemente editados para nenos .

 Moitos son os que alzaron a súa voz en defensa do carballo , protagonista de artigos periodísticos   como este de Manuel Rivas do ano 1998, o estes outros que se recollen na páxina "A vida nos ríos Galegos" onde podemos atopar a historia que moitos escoitáchedes a principio de curso "A reunión do Pindo" sobre o enterro do último carballo enano.

 Non é tempo de sementeira pero podemos tomar boa nota para no futuro ser máis respetuosos con esas grandes amigas que son as árbores  tan importantes para a conservación do noso Entorno especialmente das especies en perigo de extinción.

Vota unha ollada aestes xogos sobre a importancia do bo uso dopapel e asúa  reciclaxe.

Animádevos a traer da casa todo aquelo que consideredes que pode ser interesante para traballar o tema nas aulas e compartilo cos compañeir@s.

 Se tedes ocasión non esquezades visitar a exposición sobre o carballo de Santa Margarida no Pazo de Mugartegui que remata o próximo 6 de MARZO.

ENTROIDO

ENTROIDO

 Xa rematou o desfile de Entroido no cole  no que a Natureza  con variedade de animaliños, árbores e froitos... foi o motivo principal dos disfraces.

Xoaniñas e eirugas entre outros  desfilaron como  auténticos profesionais.

Temos agora uns días na casa ata o Xoves  que voltamos, para descansar e adicarlle tempo a preparar os traxes de viúv@s para o enterro do loro Ravachol.

 Temos moitas páxinas para colorear máscaras e incluso podemos facer o noso propio gorro para a ocasión.

Tamén podemos facer outras manualidades con material de refugallo que temos pola casa (cartóns de cereais, de ovos, bricks de leite ou zume, cds ....) que poderíamos compartir á volta destas pequenas vacacións.

Non está de más facer un percorrido pola nosa Xeografía para ver como celebran estas datas nas distintas provincias GALEGAS e probar todas esas receitas  de postres típicos destas datas que tan ben preparan nas vosas casas como puidemos probar no concurso de filloas deste ano.

 Non vos pasedes e os vaia pasar como á "Eiruga larpeira" e acabedes de mal humor como "A xoaniña rosmona"  . Lembrade que os nosos mares  están repletos de peixes como os amigos de "Hermit crab" que tamén poden facer pratos deliciosos para estes días.

XA CONTAREDES Á VOLTA.....

  

SAMAÍN/HALLOWEEN

SAMAÍN/HALLOWEEN

 Xa remataron as actividades programadas para celebrar o SAMAÍN e HALLOWEEN no colexio.

Na casa ,podemos pasar un bo rato con esta cabaza virtual e as outras actividades que podedes atopar nesta páxina .

Se aínda queres facer máis manualidades collede calquera desta páxina. Podedelas atopar por temas ou por material empregado.

 Có material de refugallo que podedes atopar pola casa podedes facer cousas moi bonitas.

Probade¡