Blogia
Nen@s de Vidal Portela

T.I.C

PREMIOS BLOGS SOLIDARIOS

PREMIOS BLOGS SOLIDARIOS

 Graciñas a T.I.Ccher Belén pola sua nominación e cumprindo coas normas de funcionamento

do premio, expoño as regras de participación:

-Nominar a sete persoas que un crea que teñen blogs solidarios e enviarlles

un correo electrónico para que se decaten do premio.


-Os premiados deberán entregar o premio á súa vez a outros sete bloggers da súa elección.


-Os premiados deberán publicar un post no seu blog (colocar a imaxe do blog solidario é opcional)

Para non repetir nominacións os meus sete blogs solidarios son:

http://blogs.lavozdelaescuela.es/blog/blogmaestro/ 

porque a miña primeira experiencia neste mundiño foi da man do programa prensaescuela .

http://hablapormidiceiago.blogspot.com/ 

por darlle voz a Iago para que todos nos podamos escoitalo e compartir as suas vivencias .

http://spike-webpage.blogspot.com/

 por compartir as súas experiencias con outros profes de línguas.

http://deestranjis.blogspot.com/ 

por ensinar e compartir recursos cós profes de español como língua estranxeira

http://pizarramaxica.craescuela.net/ 

por compartir o camiño andado e facer máis asequible a "pizarra máxica"

http://www.ugr.es/~iperez/myblog/index.htm 

polo inmenso banco de recursos que podemos atopar nas súas páxinas @s profes de inglés

http://etip.edublogs.org/category/meulebeke_belgium/ 

por ser unha das primeiras experiencias que coñecín de Lieven Van Parys , promotor de varios

 dos Proxectos e-twinning nos que participamos .

Non teño o enderezo electrónico dalgún deles polo que deixarei unha mensaxe na sección

 de comentarios destes BLOGS.

 

 

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

VIGO ZOO ANIMALS



No Primeiro trimestre fumos de visita ó zoo de Vigo, tras facer varias visitas virtuais dende a aula de Informática.
Estivemos buscando e
aprendendo información sobre eses animais e escoitando e traballando historias de animals nos nosos cadernos para poder fecer os nosos propios
"Libros que medran" pouco a pouco virtualmente "VIRTUAL GROWING BOOKS".
a profe Belén tamén estivo facendo animais cós seus alumnos e xa estamos listos para compartilos cós nosos socios do Proxecto e-twinning do mesmo nome.
 Estas imaxes imos "reutilizalas"  con Tux paint para facer as nosas novas historias (na imaxe podedes velos na Carballeira de SAN xUSTO).
Tamén usámolas có programa SPELLER
e coas actividades de JClic que preparáronos @s nen@s de 6ºA.

Xa estamos de volta -TUXPAINT

Xa estamos de volta -TUXPAINT

 Ola a tod@s¡

Xa estamos de volta despois dun longo e non buscado silencio por problemas coa conexión a internet e o ordenador na casa.

No cole seguimos traballando coa "pizarra máxica" e Tuxpaint e foron moitas e variadas as actividades que fixemos que imos comentarvos.

Antes de nada aclarar/comentar unha dúbida que aínda que xa aclaramos en clase aínda preguntades ou preguntan os pais e nais dos máis cativos e non tan cativos

"Cómo poñemos os nosos selos en tuxpaint?"

Velaiquí a resposta

Tedes que ir no ordenador á carpeta  onde instalachedes  o  programa .

Mi Pc-disco local c:-archivos de Programa-tux paint-data

ó abrir esta aparecerán varias carpetas, unha delas Chámase  "stamps" nesa carpeta "pegaredes" os vosos selos nunha nova carpeta o nas que ten o programa. Non esquezades que as imaxes teñen que ter formato png.

PARA QUE AS IMAXES TEÑAN ESTE FORMATO ó abrilas con calquer editor/visor de imaxes dámoslle  "gardar como" e na etiqueta que aparece baixo o nome da imaxe onde pon "tipo" seleccionamos PNG e a gardamos na carpeta do Programa tuxpaint que mencionamos antes.

 O outro día os nenos de tres anos colorearon a "Elmer"e ós seus amigos seguindo as instruccións que eu llles daba na clase de inglés.

As instruccións foron moi sinselas e eles decidían

Which colour?

and

How many squares ?

 e coa "pizarra" máxica ( "mágicas" , "rellenar"  e escoller cor cada vez )fixémolo nun pis pas.

Pasiño a pasiño veredes que doado foi.

Primeiro pusemos Elmer "stamp"

CARMEN  de 4 anos coloured "Four purple squares"

RAMÓN coloured "three yellow squares"

EVA coloured "two pink squares"

AINHOA coloured "Four black squares"

ÁNGEL coloured "Four red squares"

PEDRO coloured "Three orange squares"

LUCÍA coloured" One dark green square and some leaves"

CARLA coloured "Two dark blue squares."

BRENDA coloured "Three light blue squares"

LORENA coloured "Four brown squares"

LUCÍA coloured "the grass light green".

CARMEN coloured the sky light blue

And here we´ve got our patchwork Elmer¡

Probade e xa veredes que divertido¡

Pronto voltaremos coas nosas actividades de "Contos na pizarra".

 

 

PROBA SUPERADA.......










Conseguímolo¡

Este é o boneco que fixemos coa pizarra entre tod@s.


BELÉN foi a encargada de calibra-la pizarra.

 
XACOBE empezou a face-lo debuxo.

 


Vamos a aproveitar para repasar Inglés cós peques .
1st "The head".


RUBÉN debuxou "Body" and "legs".

ADRI fixo "eyes", "ears" and nose".


LETI púsolle "belly".

CARMEN foi a encargada de ponerlle nome.

 

Fixemos un "teddy" de cor "brown" como o BROWN BEAR dos nosos "Libros que medran".
 

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

De novo no encerado dixital

O Venres fumos probar na pizarra a páxina de deseñar un boneco dixital que xa probaramos na aula de Informática pero non houbo sorte.

Nesta sesión tod@s probamos o encerado e cada un fixo unha cousa diferente mentras os demáis agardaban turno prestando atención á explicación d@s compañeir@s.

NAVIA encargouse de calibra-lo encerado.

CARMEN foi a que lle deu ó icono de internet para poder entrar na nosa BLOG.

Non funcionou o enlace á páxina do boneco dixital pero LETI pudo poñer a funcionar a que fixera Aitana.

RUBÉN ensinoulle os demáis como se facía unha BLOG traballando no ordenador portátil.

 

e VÍCTOR  deulle ó boton de "crear webblog" no encerado para rematar o proceso.

VALENTÍN completou o proceso dándolle a "ver BLOG".

 

BELÉN probou a vestir un boneco de carne e oso que lle prestara a profe Belén á profe Mela.

Seguimos logo facendo un monstro (tamén obra da profe Belén) os que aínda non participaran, e pouco a pouco engadímoslle partes...

JOANA púsolle as orellas.

RODRIGO o nariz.

CARLA debuxou o pescozo.

e PAULA engadiulle 5 patas.

ADRI foi o encargado de darlle nome e fixoo dende o portátil.

 

DANI xa fixera o outro día parte da sopa de letras dun dos contos da profe MARILIZ.

e PABLO escribira có rotula o nome dunha das persoaxes.

XACOBE participou nestas actividades e tamén cando "contamos" o conto de Riciños de ouro.

Non podemos usala tódolos días e para tódalas sesións pero voltaremos en canto podamos.

ENCERADO DIXITAL

ENCERADO DIXITAL

 Coa nova sala de audiovisuais xa podemos usar máis comodamente o encerado dixital.

 Aínda non foron tódolos cursos pero esperamos que pouco a pouco poidan probalo.

 Utilizámolo para repasar a lección de Coñecemento do Medio cós de 6º, en Língua Galega fixemos contos cós de Primeiro e os de Educación Infantil foron os que tiveron ocasión de probalo na clase de Inglés.

 Xa estamos empezando a crear novos materiais para poder usalos axiña e contarémosvos as novidades que acontezan.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres