NOITE DE SAN XOAN

20070623133330-san-xoan.png

Onte remataron as clases pero @s profes aínda vamos estar polo cole ata o próximo Venres. Aproveitarei para pouco a pouco ir "compartindo" todas as actividades que fixemos e non tivemos tempo de publicar.

 Non pudimos  falar da celebración de hoxe a noite  pero podedes votarlle un ollo a este artigo da BLOG do curso pasado que recollo de seguido.

"...Hoxe e un día para lembrar feitizos e quitar o meigallo como manda a tradición.

 Coas herbas recollidas nesta noite máxica faise un auga milagreira que cura moitas doenzas da alma e o corpo. Moitos destes costumes xa veñen do tempo dos celtas que usaban o visco do carballo como planta curativa e máxica.

Nesta páxina atoparedes moita información sobre esta tradición tan arraigada na nosa terra e que tamén se celebra noutros lugares da nosa Xeografía.

Podedes aproveitar para ver a película feita en GALICIA que de forma moi divertida axuda a entender parte das lendas sobre este día ou visitar a páxina web para ver imaxes e trailers da película.

 Tamén e tempo de lembrar e comparar o que fan os ingleses na noite do "5th of November" cando fan eles as fogueiras  rememorando o día que pillaron a GUY FAWKES e botaron por terra o intento de matar o rei JamesI...."

 Seguro que moitos de vos iredes a dar unha volta para ver as cacharelas na cidade o nos seus arredores. Aproveitade para "escribir" e gardar esa historia para poder compartila á volta das vacacións. Non esquezades facer un debuxo como fixo a miña filla utilizando tuxpaint.

Non me despido porque seguirei por aquí de cando en vez...

Bicos e ata sempre!!!!!!

23/06/2007 13:33

Comentarios » Ir a formulario

gravatar.com
Autor: As Dunas. Panxón.

Moita grazas por todo o compartido e aprendido con vós este curso, dende a Escola As Dunas de Panxón desexamos que teñades un feliz verán. De novo, grazas.

Fecha: 24/06/2007 19:34.


gravatar.com
Autor: Mela

Graciñas a vos por eses ánimos e polo traballo tan estupendo que de seguro seguiredes facendo.
Bicos.

Fecha: 24/06/2007 22:21.


gravatar.com
Autor: Xosé Antón Vicente

Noraboa pola cantidade e calidade das actividades que facedes. Agora a coller folgos para o curso que ven. Parabéns!

Fecha: 29/06/2007 16:35.


Añadir un comentario

*

*
No será mostrado.


*

* Datos requeridos.

Extras

¿Tú primera visita a esta página?. Estás leyendo un weblog, también llamado blog y bitácora.

Powered by Blogia