Se muestran los artículos pertenecientes al tema Coñecemento do Medio 6º de Primaria.
SISTEMA SOLAR

Un dos temas estudados en Coñecemento do Medio e o Sistema Solar.
Nesta páxina atoparás información sobre os Planetas só con pulsar có rato en cada un deles.
Unha das preguntas que tiñamos que respostar é o porqué dos días e noites, nesta animación atoparemos a explicación.
Xa vos dixen que na rede atoparíamos moitos xogos e actividades para repasar o aprendido. A maioría da información está en língua castelá
Primeiro temos que ter clara a información para logo poder practicar as actividades propostas.
Tamén podemos colorear debuxos dos planetas do Sistema Solar. Ou facer actividades clic como as que atopamos neste enlace adaptadas ó s vosos coñecementos e en língua galega.
Se aínda tedes tempo podedes practicar estes xogos nos que poderedes descubrir cousas interesantes sobre este tema e tamén practicar inglés.
Se tedes ocasión, non esquezades visitar o Planetario na Casa das Ciencias na Coruña.
EUROPA

Estamos empezando a coñecer Europa nas clases de Coñecemento do Medio.
Podemos practicar con este mapa a ver si somos quen de poñer os países no seu sitio.
Neste outro podedes practicar algunhas capitais ou aprender en Inglés un pouco sobre a Comunidade Económica Europea con actividades CLIC.
Pintamos banderas na clase de Plástica , e tedes en cada unha das que podedes atopar na páxina de enlace información sobre os países membros da Comunidade Económica Europea. Moitos deles participan connosco nos Proxectos e-twinning que estamos desenvolvendo no cole.
Moita máis información encontrarás nesta páxina onde podes escoler idioma ou nesta si te queda algo por aprender.
Sabes quen é Javier Solana? seguro que o próximo día algo poderás contar na clase.
Non esquezas a páxina de xogos que xa probamos en clase.....
O NOSO CORPO

Casimiro axudouvos a repasar o esqueleto e púsose así de guapo para celebrar o SAMAÍN.
O funcionamento do noso corpo e moi complexo e temos que ter ben claro as distintas funcións que realizan os aparellos que o forman.
Xa rematamos a lección , pero aínda queda moito por aclarar e repasar.
Nesta páxina podedes ver unha estupenda animación explicando o procexo da dixestión aínda que está en castelán.
Dentro do paquete de actividades CLIC hai varias que poden servirnos para repasar o aprendido que sí que están en galego.
Empezaremos pola nutrición, para logo lembrar o resto dos procesos estudiados: a respiración, a circulación e a excreción.
Tamén podemos engadir o resto das funcións estudiadas coas profes Isabel e Mercedes coas actividades desta outra páxina .
Non está de mais que lle votemos unha ollada a esta outra en inglés coa que poderemos repasar o aprendido en Coñecemento do Medio e practicar Língua Estranxeira ó tempo.
Xa contaredes que vos parece este repaso que imos facer coa axuda do encerado dixital na sala de audivisuais.


