De novo no encerado dixital
O Venres fumos probar na pizarra a páxina de deseñar un boneco dixital que xa probaramos na aula de Informática pero non houbo sorte.
Nesta sesión tod@s probamos o encerado e cada un fixo unha cousa diferente mentras os demáis agardaban turno prestando atención á explicación d@s compañeir@s.
NAVIA encargouse de calibra-lo encerado.
CARMEN foi a que lle deu ó icono de internet para poder entrar na nosa BLOG.
Non funcionou o enlace á páxina do boneco dixital pero LETI pudo poñer a funcionar a que fixera Aitana.
RUBÉN ensinoulle os demáis como se facía unha BLOG traballando no ordenador portátil.
e VÍCTOR deulle ó boton de "crear webblog" no encerado para rematar o proceso.
VALENTÍN completou o proceso dándolle a "ver BLOG".
BELÉN probou a vestir un boneco de carne e oso que lle prestara a profe Belén á profe Mela.
Seguimos logo facendo un monstro (tamén obra da profe Belén) os que aínda non participaran, e pouco a pouco engadímoslle partes...
JOANA púsolle as orellas.
RODRIGO o nariz.
CARLA debuxou o pescozo.
e PAULA engadiulle 5 patas.
ADRI foi o encargado de darlle nome e fixoo dende o portátil.
DANI xa fixera o outro día parte da sopa de letras dun dos contos da profe MARILIZ.
e PABLO escribira có rotula o nome dunha das persoaxes.
XACOBE participou nestas actividades e tamén cando "contamos" o conto de Riciños de ouro.
Non podemos usala tódolos días e para tódalas sesións pero voltaremos en canto podamos.
1 comentario
Escola de caracois. -