Blogia
Nen@s de Vidal Portela

NOVO CURSO ESCOLAR

NOVO CURSO ESCOLAR

Hoxe por fín xa puiden completar a miña Presentación e primeira sesión  nos distintos cursos (nalgúns  incluso repetín....) nos que vou impartir docencia este ano: Inglés en Educación Infantil, Língua Castelá en 5º, Plástica en 6º e Apoio á utilización das Novas tecnoloxías en 2º, 3º e 4ºdePrimaria.

Neste primeiro artigo do novo curso escolar darlle a noraboa moi especialmente á profe Belén coa que compartimos moitas das nosas actividades o curso pasado e coa que esperamos poder seguir compartindoas este ano dende o su novo cole. Repetiremos tamén coa profe Clara , o profe Lieven, a profe Ingrid a profe Vasiliki e tod@s aquel@s  que queiran compartir experiencias connosco.

Tentarei ser breve neste artigo xeral porque en vindeiras ocasións cada unha destas materias terá o seu propio artigo a lo menos de publicación semanal (se non pasa nada......).

Xa estiven cós distintos grupos de 3 anos aínda que como están no período de adaptación e non veñen a xornada completa nin tod@s na mesma quenda non tivemos ocasión de "falar" moito en Inglés pero xa temos algunha anecdota que contarvos das moitas acontecidas na aula ou no patio de recreo.

 No noso particular desfile de modelos ( eles ensínanme a roupa que traen baixo o mandilón e falamos das cores e debuxos que traen...) Iria tiña unha camiseta igual á de miña filla Aitana e tivemos unha conversa moi interesante....

"Teacher Mela. A miña filla Aitana ten unha camiseta igualiña á túa....

 Iria: Tes unha filla?

Teacher Mela: Sí e un fillo que se chama Diego.

Iria: Y tu cariño?

Teacher Mela: Carlos

Ángela: Igual que mi papá.

(de seguido sentáronse no meu regazo e faltáronme pernas para poder sentar a todas aqueles rapaces que non me coñecían pero xa tiñan moito de que "falar" coa sua "teacher").

 Tamén falamos na clase dos novos animais que mercou a profe Águeda como os "dinosaurs" que imos traballar moito este ano ou as comidiñas que tiñamos na cociña. Tivemos tempo de despedirnos cando viñeron buscalos e empezamos a practicar os saúdos e as despedidas. A máis madrugadora foi Alan´s granny e logo tivemos variedade de membros da family: mummy, daddy e incluso algún tío ou tía.

Cós grupos de 4 e cinco anos tivemos ocasión de utilizar o encerado dixital e lembrar as cores e números  en Inglés coas novidades do programa Tux paint .Tamén estivemos có noso amigo Elmer que no curso pasado colorearamos con esta mesma ferramenta.

Non só os peques estiveron utilizando este programa xa que os maiores de 6º que non coñecían este programa tiveron unha clase introductoria ó seu manexo e logo probaronnna nos ordenadores da aula de Informática do cole ademáis das explicacións de conexión e utilización do encerado dixital .

Xa van 3 sesións na clase de Língua Castelá e tivémolas na aula habitual e na de Audiovisuais coa axuda do encerado dixital. A próxima será en parte na aula de Informática pero destas sesións xa falaremos máis polo miúdo no artigo correspondente.

A imaxe da portada e un anticipo do novo Proxecto no que imos a participar có profe Lieven este ano

 

1 comentario

Belén -

Graciñas profe Mela, non só polas felicitación se non tamén por todos os ánimos recibidos e a confianza que tivestes sempre en mín. Espero seguir "enrolada" en moitos proxectos con tod@s vos. Este ano estou cos máis pequenos, a ver o que facemos!
Un bico e unha aperta ben gordos.