Blogia
Nen@s de Vidal Portela

VXI ENCONTROS PEDAGÓXICOS

VXI ENCONTROS PEDAGÓXICOS
Nos XVI Encontros Pedagóxicos celebrados en Santiago de Compostela organizados pola Asociación Pedagóxica Galega e CIG Ensino , compartín algunhas das actividades que fago coas nenos e nenas no cole con outros profes.
Tivemos 4 sesións nas que na primeira metade fixemos as actividades ó xeito tradicional e na segunda metade coa axuda das T.I.Cs especialmente co encerado dixital.Non fun eu quen conectaba o encerado cada día xa que un dos obxetivos era perderlle medo a conectar canón, ordenador e encerado e supoño que agora xa non vos parece tan complicado (si dubidades mirade na páxina 18 deste manual)
Como parte das rutinas da aula usamos o encerado tradicional para escribir a data, tempo que facía...etc e utilizamos dúas manoplas con SUN e RAIN para os máis cativos. Co encerado dixital a actividades foi moito máis doada como podemos ver no artigo anterior .
Tamén coloreamos os "elephants" como fixeran os nenos e nenas no cole  agás os de 3 anos que lle fixemos a fotocopia en folios de cores e pusémoslle o seu nome para practicar o recoñecemento do seu nome e o dos compañeiros e compañeiras da clase. Elmer e os eus amigos foron coloreados  seguindo instruccións primeiro no papel e logo Antía axudounos a facelo no encerado dixital.
           
Tamén aprendimos a facer sales de baño de cores con colorantes alimentarios .Tedes as instruccións na nosa web de manualidades do noso Proxecto e-twining "Kindergartencrafts", pero aquí temos unha pequena mostra do bote tricolor.
 Tamén víchedes a nosa primeira versión do "caterpillar" con bandexas de papel
 
 e outra feita con alames de chenilla como os animaliños que fixeramos para o Proxecto Zoo , ou o xogo de cartas do Proxecto Kids hands in hands ámbolos dous invitados por Lieven Van Parys entro do programa e-twinning.
Na aula de Informática rexistráronse en e-twinning e viron as actividades que fixemos nestes Proxectos. A ferramenta que vamos a usar no novo proxecto @ni & m@te : stick pivot animator podedes descargala de xeito gratuíto. Velaiquí un exemplo do que podemos facer có programa.
Usei un dos contos preferidos dos meus nenos "Mrs Honey" reproducindo o video grabado coa pizarra para os profes de Español.
Podedes comparar coa imaxe do conto na alfombra cós nenos no cole.
Na imaxe podedes ver o conto "The bad tempered ladybird" de Eric Carle do que tamén fixemos unha versión con bandexas de papel.Non víchedes a versión en bandexas de Hermit crab do mesmo autor pero sí que probamos no encerado dixital.
 e temos o vídeo da versión feita có encerado dixital por un dos asistentes.


 Vimos brevemente como facer puzles e sopas de letras con Java Clic e seguindo instruccións utilizando tuxpaint o autoretrato para orlas, intercambios escolares...etc seguindo o exemplo da BLOG da miña filla Aitana  Pero deste programa vámonos ocupar con frecuencia máis adiante xa que é indispensable para os Proxectos que temos que desenvolver este ano. Como avance as imaxes dos denosaurios que crearon con collage de papeis de revista para logo reutilizar có programa.Seguro que esquezo algunha das actividades pero teredes ocasión de atopalas por aquí noutras ocasións ó longo do curso escolar.

3 comentarios

cheap tiffany co jewelry -

And with my laughter all things will be reduced to their proper size. I will laugh at my failures and they will vanish in clouds of new dreams; I will laugh at my successes and they will shrink to their true value. I will laugh at evil and it will die untasted; I will laugh at goodness and it will thrive and abound. Each day will be triumphant only when my smiles bring forth smiles from others and this l do in selfishness, for those on whom l flown are those who purchase not my goods. cheap tiffany co jewelry

Mela -

Moitas gracias a tí polo cumprido e por a dirección. Xa votaba de menos os caracoliños...

http://tendaldecalcetins.blogspot.com/ -

ola compañeira, grazas por colgar toda esta información para as persoas que non puidemos desfrutar do teu bofacer nas xornadas. Visibilizar os proxectos é o mellor xeito para que a innovación sexa unha realidade máis alá da teoria. Dende Aguiño, moitos bicos. uxia