Blogia
Nen@s de Vidal Portela

Coñecemento do Medio 6º de Primaria

SISTEMA SOLAR

SISTEMA SOLAR

Un dos temas estudados en Coñecemento do Medio e o Sistema Solar.

Nesta páxina atoparás información sobre os Planetas só con pulsar có rato en cada un deles.

Unha das preguntas que tiñamos que respostar é o porqué dos días e noites, nesta animación atoparemos a explicación.

Xa vos dixen que na rede atoparíamos moitos xogos e actividades para repasar o aprendido. A maioría da información está en língua castelá

Primeiro temos que ter clara a información para logo poder practicar as actividades propostas.

Tamén podemos colorear debuxos dos planetas do Sistema Solar. Ou facer actividades clic como as que atopamos neste enlace adaptadas ó s vosos coñecementos e en língua galega.

Se aínda tedes tempo podedes practicar estes xogos nos que poderedes descubrir cousas interesantes sobre este tema e tamén practicar inglés.

Se tedes ocasión, non esquezades visitar o Planetario na Casa das Ciencias na Coruña.

EUROPA

EUROPA

 Estamos empezando a coñecer Europa nas clases de Coñecemento do Medio.

Podemos practicar con este mapa a ver si somos quen de poñer os países no seu sitio.

Neste outro podedes practicar algunhas capitais ou aprender en Inglés un pouco sobre a Comunidade Económica Europea con actividades CLIC.

Pintamos banderas na clase de Plástica , e tedes en cada unha das que podedes atopar na páxina de enlace información sobre os países membros da Comunidade Económica Europea. Moitos deles participan connosco nos Proxectos e-twinning que estamos desenvolvendo no cole.

 

Moita máis información encontrarás nesta páxina onde podes escoler idioma ou nesta  si te queda algo por aprender.

Sabes quen é Javier Solana? seguro que o próximo día algo poderás contar na clase.

Non esquezas a páxina de xogos que xa probamos en clase.....

O NOSO CORPO

O NOSO CORPO

 Casimiro axudouvos a repasar o esqueleto e púsose así de guapo para celebrar o SAMAÍN.

 O funcionamento do noso corpo e moi complexo e temos que ter ben claro as distintas funcións que realizan os aparellos que o forman.

Xa rematamos a lección , pero aínda queda moito por aclarar e repasar.

Nesta páxina podedes ver unha estupenda animación explicando o procexo da dixestión aínda que está en castelán.

Dentro do paquete de actividades CLIC hai varias que poden servirnos para repasar o aprendido que sí que están en galego.

Empezaremos pola nutrición, para logo lembrar o resto dos procesos estudiados: a respiración, a circulación e a excreción.

 Tamén podemos engadir o resto das funcións estudiadas coas profes Isabel e Mercedes coas actividades desta outra  páxina .

Non está de mais que lle votemos unha ollada a esta outra en inglés coa que poderemos repasar o aprendido en Coñecemento do Medio e practicar  Língua Estranxeira ó tempo.

 Xa contaredes que vos parece este repaso que imos facer coa axuda do encerado dixital na sala de audivisuais.