Blogia
Nen@s de Vidal Portela

Enlaces para os Proxectos

XA ESTAMOS ON LINE!

XA ESTAMOS ON LINE!

 Xa están as imaxes de 1º B e 6ºA na web do Proxecto "Hands in hands".

Pronto estarán outros cursos que aínda non remataron.

Votade un ollo o que fixeron os outros países  e estade atentos porque pronto as vosas imaxes aparecerán nun novo xogo de Lieven.

  

Treesmas Card!

Treesmas Card!

Esta é a felicitación de Nadal que fixemos para mandarlle ós países que participan conosco no Proxecto "Hands in hands".

Cada vez somos máis como podedes ver na páxina web do Proxecto. As vosas imaxes ídelas atopar na man número 4.

A imaxe  fixémola coa axuda de Tux-paint, aproveitando a imaxe do póster que fixemos para poñer fora da aula no Nadal.

Non é unha confusión . Xa sabemos que en inglés  é "Happy Christmas" pero  pero esta é a nosa árbore Feliz feita coas "mans" que todos pintáchedes na clase.

 A profe Vijlenka tamén mandounos unha felicitación e invitounos a colaborar con ela  nas actividades do Proxecto que podedes ver na sua páxina.