ESCRIBINDO NO ORDENADOR....
Onte estivemos escribindo no ordenador na clase de Galego e foi moito máis doado porque cando borrábamos podíamos volver a facelo sin ter que escribir todo o texto.
Podedes practicar en casa pero seguro que é moito máis divertido si papi ou mami instalan no ordenador estas "fontes" que propoñennos os amigos da Escola de caracois.
Seguro que é moito máis divertido se vamos probando os distintos tipos de letras que atopamos nas distintas páxinas que suxiren no seu artigo do día 28 de Outubro.
Na sección de enlaces atoparedes moitas páxinas coas que aprenderedes e pasaredes un bo rato.
Xa me contaredes...¡
Non esquezades que mañá celebramos o Magosto e podedes traer trompos e canicas de casa para xogar no patio e a cestiña feita con cartón de leite para recolle-las castañas...
5 comentarios
Mela -
Rubén 1ºB -
Xacobe 1ºB -
Adrián 1ºB -
Belén 1ºB -