Blogia
Nen@s de Vidal Portela

Línguas 1º Primaria

O HOMIÑO DE MAZAPÁN

O HOMIÑO DE MAZAPÁN

Estivemos lendo na clase o conto "O homiño de mazapán" que podedes escoitar en Inglés neste  enlace nunha versión un pouco diferente.

Podes contarlle o conto ós teus pais, irmás pequenos...coa axuda destes títeres.

Esta outra versión tamén ten final feliz e tamén repasarás o teu inglés.

Se te poden axudar en casa , nesta outra páxina atoparás moitas ideas  para practicalo mentras te divirtes, ou podes seguir estas instruccións  e traernos o resultado ó cole.

Para empezar necesitarás unha plantilla valeira ben do homiño ou da muller escolle o que tí prefiras nesta páxina ou recorda o aprendido facendo unha "family".

Na aula de informática estivemos decorando a sua casa e a algúns deulles tempo a decorar o seu propio homiño .

Tedes outra casa na que podedes poñer un ou varios bonecos ó voso gusto.

Podedes atopar moitas páxinas nas que colorear este boneco ou imprimilo para colorear na casa.

Tamén podes decorar esta árbore de Nadal  ou esta outra e logo imprimila ,axudarlle nesta a Papá Noel ou ben imprimir as imaxes que aparecen na árbore de Advento desta páxina na que apareceu o noso amigo o día 4.

Rudolph o reno de Papá Noel farate pasar un bo rato xogando ó  tres en raia e se todavía queres xogar un pouco máis....podes probar estes outros xogos para un bo rato de diversión.

Esta outra actividade para facer estrelas de neve  vai manterte ocupad@ un bo rato e podes aproveitar para facer un boneco de neve como o da película do Snowman. que miramos na sala de Audiovisuais ou este outro con forma de osiño.

 Podes tamén practicar Inglés coas panxoliñas que atoparás na mesma páxina e aprender a historia do Nacemento de Xesús .

Se aínda tes tempo e querer seguir facendo adornos para poñer en casa nestas datas non olvides visitar esta páxina de manualidades na que atopará ideas para pasar un bo rato.

 Os amigos da Escola de caracois propoñen unha idea moi orixinal para felicitar ós teus amigos convirtíndote en trasno de Papá Noel pídelle axuda a Papi ou mami para insertar a túa foto.

ESCRIBINDO NO ORDENADOR....

ESCRIBINDO NO ORDENADOR....

Onte estivemos escribindo no ordenador na clase de Galego e foi moito máis doado porque cando borrábamos podíamos volver a facelo sin ter que escribir todo o texto.

Podedes practicar en casa pero seguro que é moito máis divertido si papi ou mami instalan no ordenador estas "fontes" que propoñennos os amigos da Escola de caracois.

 Seguro que é moito máis divertido se vamos probando os distintos tipos de letras que atopamos nas distintas páxinas que suxiren no seu artigo do día 28 de Outubro.

 Na sección de enlaces atoparedes moitas páxinas coas que aprenderedes e pasaredes un bo rato.

Xa me contaredes...¡

Non esquezades que mañá celebramos o Magosto  e podedes traer trompos e canicas de casa para xogar no patio e a cestiña  feita con cartón de leite para recolle-las castañas...