Blogia
Nen@s de Vidal Portela

ENTROIDO

ENTROIDO

 Xa rematou o desfile de Entroido no cole  no que a Natureza  con variedade de animaliños, árbores e froitos... foi o motivo principal dos disfraces.

Xoaniñas e eirugas entre outros  desfilaron como  auténticos profesionais.

Temos agora uns días na casa ata o Xoves  que voltamos, para descansar e adicarlle tempo a preparar os traxes de viúv@s para o enterro do loro Ravachol.

 Temos moitas páxinas para colorear máscaras e incluso podemos facer o noso propio gorro para a ocasión.

Tamén podemos facer outras manualidades con material de refugallo que temos pola casa (cartóns de cereais, de ovos, bricks de leite ou zume, cds ....) que poderíamos compartir á volta destas pequenas vacacións.

Non está de más facer un percorrido pola nosa Xeografía para ver como celebran estas datas nas distintas provincias GALEGAS e probar todas esas receitas  de postres típicos destas datas que tan ben preparan nas vosas casas como puidemos probar no concurso de filloas deste ano.

 Non vos pasedes e os vaia pasar como á "Eiruga larpeira" e acabedes de mal humor como "A xoaniña rosmona"  . Lembrade que os nosos mares  están repletos de peixes como os amigos de "Hermit crab" que tamén poden facer pratos deliciosos para estes días.

XA CONTAREDES Á VOLTA.....

  

0 comentarios