O CARBALLO
Xa sabedes que o equipo de Normalización Lingüística do cole , acaba de propoñernos un Proxecto acerca desa árbore tan nosa coma o carballo.
Navegando polas páxinas doutros coles podemos atopar información moi interesante e incluso Proxectos como este que emprendeu a obra social de Caixa Galicia no mes de Outubro.
Na rede podemos atopar imaxes , rimas e poemas como este que podedes atopar na páxina anterior
"O CARBALLO"
Carballo, carballiño da carballeira
Carballo, carballiño que poucos quedan.
das túas polas tivo teito a miña casa...
do teu pé saquei madeira pro meu carro...
coas túa polas fixen rachas pra face-lo caldo...
cebei o meu porquiño coas túas landras...
e coas túas follas fíxenlle a cama...
á túa sombra, recobrei vida...
Carballo, carballiño da carballeira
Carballo, carballiño que poucos quedan
ritos, lendas, e incluso referencias mitolóxicas sobre o tema. Tamén ides atopar relatos , historias como esta traducida do francés e que podemos atopar en vídeo en inglés e foi traducida a varios idiomas ou contos como estes do "carballo con botas" ademáis de moitos libros recentemente editados para nenos .
Moitos son os que alzaron a súa voz en defensa do carballo , protagonista de artigos periodísticos como este de Manuel Rivas do ano 1998, o estes outros que se recollen na páxina "A vida nos ríos Galegos" onde podemos atopar a historia que moitos escoitáchedes a principio de curso "A reunión do Pindo" sobre o enterro do último carballo enano.
Non é tempo de sementeira pero podemos tomar boa nota para no futuro ser máis respetuosos con esas grandes amigas que son as árbores tan importantes para a conservación do noso Entorno especialmente das especies en perigo de extinción.
Vota unha ollada aestes xogos sobre a importancia do bo uso dopapel e asúa reciclaxe.
Animádevos a traer da casa todo aquelo que consideredes que pode ser interesante para traballar o tema nas aulas e compartilo cos compañeir@s.
Se tedes ocasión non esquezades visitar a exposición sobre o carballo de Santa Margarida no Pazo de Mugartegui que remata o próximo 6 de MARZO.
1 comentario
Portela -
te a folla revirada
que lle revorou o vento
unha mañan de xiada.