PÁXINAS PARA PEQUES.
Hoxe os máis peques , os de tres anos ,van vir por vez primeira a aprender a manexar o rato do ordenador na sala de . Xa manexaran o encerado dixital noutras ocasións , con gran maestría pero nunca antes tiveran un ordenador para cada un.
Van escoitar as instrucción en Inglés , xa que así e como traballamos na aula e esta será unha clase máis só que nun aula diferente.
O primeiro que van a aprender é o vocabulario necesario para seguir as instrucións:
"computer"
"keyboard"
"mouse"
"screen"
"click on...."
"drag the mouse to"
Na páxina de Contidos do Portal Educativo da Xunta de Galicia, podemos atopar varias páxinas como a dOS BOOHBAH ou esta outra na que podedes escoitar as instruccións en castelá , sobre todo se papi ou mami queren "axudar" dende casa.
Hai moitas e moi variadas polo que podemos practicar cambiando de actividade cando esteamos cansos .
Agora que estamos aprendendo as partes do corpo
podemos facer novas caras ,
e como logo imos aprender a roupa, podemos practicar poñéndolle roupa a Coco a golpe de rato.
Pouco a pouco iremos visitando os enlaces de outras BLOGS que xa levan tempo utilizando os recursos que se poden atopar na rede para Educación Infantil como a escola de caracois ou os da E.E.I Vagalume recollidos pola teacher Chus.
A profe Belén tamén ten unha páxina en inglés coa que aprenderemos e repasaremos o vocabulario a partir de agora.
2 comentarios
Mela -
Xa levara ós de 4 e 5 anos pero os de tres non "reservaran" a aula de Informática e o horario está moi ocupado.
Á volta procuraremos ir con másis frecuencia.
Bicos.
ESCOLA DE CARACOIS -