EASTER/Pascua
O coelliño de PASCUA viu o outro día polo cole depois de ver a película polas aulas de Infantil e trouxo chocolates para todos.
Algúns leváchedes para casa os voso "Peter rabbits" feitos coas bandexas que aproveitamos das cariñas con "feelings".
Neste vídeo que nos mandan os amigos da escola de caracois podedes ver a historia doutro coelliño.
e outros levaron os "chickens" que fixemos do mesmo xeito.
Na clase de 1º tamén fixeron uns poliños de algodón moi simpáticos pero non deu tempo a facer a casiña/cestiña de "chocolate" que tiñamos pensado facer.
Meu fillo Diego fixo na casa unha para que podades vos facer o mesmo seguindo as instruccións que aparecen na BLOG de manualidades que compartimos co colexio de Estonia no novo Proxecto e-twinning no que andamos embarcados.
Tamén podedes ver as vosas imaxes de cando xogáchedes o xogo dos "sentimentos " na web do Proxecto indo a este botón
Logo tedes que dar neste outro
e podedes ver as vosas imaxes xogando na clase buscando o noso cole.
Se queredes ver as imaxes anteriores tedes que ir a este outro debuxo
Nestes días vades ter moito tempo en casa no que podedes visitar outras páxinas con actividades ,cancións e xogos para pasar un bo rato.
Non esquezades visitar a páxina do Zoo de Vigo para lembrar a información do animal que estades traballando pois á volta os nosos libros teñen que seguir "medrando".
2 comentarios
Mela -
Bicos
escoladecaracois -
moitos bicos