COÑECENDO O TECLADO
Este ano imos ir pasiño a pasiño coñecendo aquelas partes do ordenador que precisamos para nosas sesións.
Para algúns esta é a primeira vez que manexan o teclado para escribir textos ,polo que estivemos aprendendo
para qué sirven algunha teclas que imos a utilizar . No debuxo témolas de diferentes cores e escribiremos nesas
cores para explicar a súa función.
Temos dúas teclas de cor amarela na imaxe, unha Bloq Mayús , que imos usar
para escribir con maiúsculas (temos que volver a darlle si queremos que deixe de funcionar).
Aputra tecla que aparece debaixo tamén serve para poñer maiúsculas ou a parte de arriba das
teclas dos números ou outros símbolos só temos que tela pulsada ó mesmo tempo que a tecla
que imos precisar.
Tamén podemos ver na imaxe que algunhas teclas teñen tres posibilidades e teñen outro
caracter abaixo á dereita para escribir o terceiro temos que ter pulsada a tecla azul Alt gr.
De cor laranxa temos a tecla que imos usar para borrar a última letra/símbolo escrito,
si queremos borrar máis de unha temos que darlle varias veces.
En verde temos a barra espaciadora para poder separar as palabras nas frases que escribimos
e de vermello a que nos fai cambiar de línea ou deixar espazos entre líneas.
As tecras de cor castaño serven para mover o rato na dirección indicada e
as de cor lila ímoslle adicar un pouco máis de tempo na próxima sesión.
0 comentarios