CABAZAS MARIÑEIRAS.
protagonista de moitos dos Proxectos nos que imos participar neste curso.
Traballando codo con codo profesorado e alumnado nas clases de Plástica en língua galega ou en Inglés
nas sección bilíngües do centro e coa inestimable axuda das familias, a calidade e orixinalidade dos traballos
presentados foi superior á de anteriores edicións.
No salón de actos a meiga Ana encargouse de amenizar a mañá contando contos como
A bruxa do dente e cantando a canción dos esqueletes.
Como boa meiga galega o conxuro da queimada foi o remate da súa actuación .
Os nenos disfrutaron e participaron da función na que lles foron entregados os premios
do concurso de tarxetas de HALLOWEEN en Primaria.
Na clase de Inglés en Educación Infantil fixemos un scarecrow entre tod@s e "orange pumkins"
con diversos materiais:bandexas de papel, envases de iogures e globos como veredes na Blog
de manualidades.Tamén debuxamos pumpkins no encerado dixital con tuxpaint e visitamos enlaces a
distintas páxinas para facer cabazas virtuais.
Un ano máis fun a Cedeira coa miña familia e compartimos a XVIII edición da festa comendo bolo de azucre e requeixo con mel.
O mestre Rafael Loureiro estaba ó pe do canón argallando e controlando as distintas actividades para nen@s e non tan nen@s .
Moitas grazas por compartir todo esto con nos¡¡¡¡¡¡
4 comentarios
dende aguiño -
http://onosofaro.blogspot.com/
http://golfinhosdeaguinho.blogspot.com/
http://osdiasdecores.blogspot.com/
http://tendaldecalcetins.blogspot.com/
Teacher Chus -
Mela -
Bicos
A panda de 1º B -