Blogia
Nen@s de Vidal Portela

PÁXINAS PARA PEQUES.

PÁXINAS PARA PEQUES.

Hoxe os máis peques , os de tres anos ,van vir por vez primeira a aprender  a manexar o rato do ordenador na sala de . Xa manexaran o encerado dixital noutras ocasións , con gran maestría pero nunca antes tiveran un ordenador para cada un.

 Van escoitar as instrucción en Inglés , xa que así e como traballamos na aula e esta será unha clase máis só que nun aula diferente.

O primeiro que van a aprender é o vocabulario necesario para seguir as instrucións:

"computer"

"keyboard"

"mouse"

"screen"

"click on...."

"drag the mouse to"

Na páxina de Contidos do Portal Educativo da Xunta de Galicia, podemos atopar varias páxinas como a dOS BOOHBAH ou esta outra  na que podedes escoitar as instruccións en castelá , sobre todo se papi ou mami queren "axudar" dende casa.

Hai moitas e moi variadas polo que podemos practicar cambiando de actividade cando esteamos cansos .

Agora que estamos aprendendo as partes do corpo

 

podemos facer novas caras ,

e como logo imos aprender a roupa, podemos practicar poñéndolle roupa a Coco a golpe de rato.

 Pouco a pouco iremos visitando os enlaces de outras BLOGS que xa levan tempo utilizando os recursos que se poden atopar na rede para Educación Infantil como a escola de caracois ou os da E.E.I Vagalume  recollidos pola teacher Chus.

 A profe Belén tamén ten unha páxina en inglés coa que aprenderemos e repasaremos o vocabulario a partir de agora.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

2 comentarios

Mela -

Foi estupendo¡
Xa levara ós de 4 e 5 anos pero os de tres non "reservaran" a aula de Informática e o horario está moi ocupado.
Á volta procuraremos ir con másis frecuencia.
Bicos.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

ESCOLA DE CARACOIS -

QUE TAL LLE FORON A ESTES PEQUECHOS E PEQUECHAS DE TRES ANOS? QUEREMOS SEGUIR LENDO RELATOS DO VOSO COLE, ANIMO MELA!
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres