Se muestran los artículos pertenecientes a Diciembre de 2006.
Resumen
- 18/12/2006 16:21 - O HOMIÑO DE MAZAPÁN
- 26/12/2006 17:46 - Treesmas Card!
18/12/2006
O HOMIÑO DE MAZAPÁN

Estivemos lendo na clase o conto "O homiño de mazapán" que podedes escoitar en Inglés neste enlace nunha versión un pouco diferente.
Podes contarlle o conto ós teus pais, irmás pequenos...coa axuda destes títeres.
Esta outra versión tamén ten final feliz e tamén repasarás o teu inglés.
Se te poden axudar en casa , nesta outra páxina atoparás moitas ideas para practicalo mentras te divirtes, ou podes seguir estas instruccións e traernos o resultado ó cole.
Para empezar necesitarás unha plantilla valeira ben do homiño ou da muller escolle o que tí prefiras nesta páxina ou recorda o aprendido facendo unha "family".
Na aula de informática estivemos decorando a sua casa e a algúns deulles tempo a decorar o seu propio homiño .
Tedes outra casa na que podedes poñer un ou varios bonecos ó voso gusto.
Podedes atopar moitas páxinas nas que colorear este boneco ou imprimilo para colorear na casa.
Tamén podes decorar esta árbore de Nadal ou esta outra e logo imprimila ,axudarlle nesta a Papá Noel ou ben imprimir as imaxes que aparecen na árbore de Advento desta páxina na que apareceu o noso amigo o día 4.
Rudolph o reno de Papá Noel farate pasar un bo rato xogando ó tres en raia e se todavía queres xogar un pouco máis....podes probar estes outros xogos para un bo rato de diversión.
Esta outra actividade para facer estrelas de neve vai manterte ocupad@ un bo rato e podes aproveitar para facer un boneco de neve como o da película do Snowman. que miramos na sala de Audiovisuais ou este outro con forma de osiño.
Podes tamén practicar Inglés coas panxoliñas que atoparás na mesma páxina e aprender a historia do Nacemento de Xesús .
Se aínda tes tempo e querer seguir facendo adornos para poñer en casa nestas datas non olvides visitar esta páxina de manualidades na que atopará ideas para pasar un bo rato.
Os amigos da Escola de caracois propoñen unha idea moi orixinal para felicitar ós teus amigos convirtíndote en trasno de Papá Noel pídelle axuda a Papi ou mami para insertar a túa foto.
26/12/2006
Treesmas Card!

Esta é a felicitación de Nadal que fixemos para mandarlle ós países que participan conosco no Proxecto "Hands in hands".
Cada vez somos máis como podedes ver na páxina web do Proxecto. As vosas imaxes ídelas atopar na man número 4.
A imaxe fixémola coa axuda de Tux-paint, aproveitando a imaxe do póster que fixemos para poñer fora da aula no Nadal.
Non é unha confusión . Xa sabemos que en inglés é "Happy Christmas" pero pero esta é a nosa árbore Feliz feita coas "mans" que todos pintáchedes na clase.
A profe Vijlenka tamén mandounos unha felicitación e invitounos a colaborar con ela nas actividades do Proxecto que podedes ver na sua páxina.


