Se muestran los artículos pertenecientes a Noviembre de 2006.

Resumen

01/11/2006

SAMAÍN/HALLOWEEN

20061101231310-pa310036.jpg

 Xa remataron as actividades programadas para celebrar o SAMAÍN e HALLOWEEN no colexio.

Na casa ,podemos pasar un bo rato con esta cabaza virtual e as outras actividades que podedes atopar nesta páxina .

Se aínda queres facer máis manualidades collede calquera desta páxina. Podedelas atopar por temas ou por material empregado.

 Có material de refugallo que podedes atopar pola casa podedes facer cousas moi bonitas.

Probade¡

 

01/11/2006 23:13 Autor: melavidalportela. Enlace permanente. Tema: GALEGO No hay comentarios. Comentar.

05/11/2006

GUY FAWKES

20061129224253-guy-fawkes-recortado.jpg

Hoxe é o día de GUY FAWKES.

Nesta data "the 5th of November" os Británicos lembran que descubriron o "complot da pólvora" que argallaban Guy Fawkes e os seus compinches para matar ó rei Xaime I.

 Nesta noite, fan fogueiras similares ás que nos facemos polo  San Xoan cun boneco enriba e os nenos van pedir   "a penny for the guy"  rematando a noite con "fireworks" o fogos de lucería como os que nos votamos na maioría das nosas festas.

Non somos tan distintos ......

¿Non sí?

05/11/2006 22:31 Autor: melavidalportela. Enlace permanente. Tema: ENGLISH No hay comentarios. Comentar.

09/11/2006

ESCRIBINDO NO ORDENADOR....

20061129224416-pb240031.jpg

Onte estivemos escribindo no ordenador na clase de Galego e foi moito máis doado porque cando borrábamos podíamos volver a facelo sin ter que escribir todo o texto.

Podedes practicar en casa pero seguro que é moito máis divertido si papi ou mami instalan no ordenador estas "fontes" que propoñennos os amigos da Escola de caracois.

 Seguro que é moito máis divertido se vamos probando os distintos tipos de letras que atopamos nas distintas páxinas que suxiren no seu artigo do día 28 de Outubro.

 Na sección de enlaces atoparedes moitas páxinas coas que aprenderedes e pasaredes un bo rato.

Xa me contaredes...¡

Non esquezades que mañá celebramos o Magosto  e podedes traer trompos e canicas de casa para xogar no patio e a cestiña  feita con cartón de leite para recolle-las castañas...

20/11/2006

O NOSO CORPO

20061120233935-pa310046.jpg

 Casimiro axudouvos a repasar o esqueleto e púsose así de guapo para celebrar o SAMAÍN.

 O funcionamento do noso corpo e moi complexo e temos que ter ben claro as distintas funcións que realizan os aparellos que o forman.

Xa rematamos a lección , pero aínda queda moito por aclarar e repasar.

Nesta páxina podedes ver unha estupenda animación explicando o procexo da dixestión aínda que está en castelán.

Dentro do paquete de actividades CLIC hai varias que poden servirnos para repasar o aprendido que sí que están en galego.

Empezaremos pola nutrición, para logo lembrar o resto dos procesos estudiados: a respiración, a circulación e a excreción.

 Tamén podemos engadir o resto das funcións estudiadas coas profes Isabel e Mercedes coas actividades desta outra  páxina .

Non está de mais que lle votemos unha ollada a esta outra en inglés coa que poderemos repasar o aprendido en Coñecemento do Medio e practicar  Língua Estranxeira ó tempo.

 Xa contaredes que vos parece este repaso que imos facer coa axuda do encerado dixital na sala de audivisuais.

 

29/11/2006

ENCERADO DIXITAL

20061129225110-pb160002.jpg

 Coa nova sala de audiovisuais xa podemos usar máis comodamente o encerado dixital.

 Aínda non foron tódolos cursos pero esperamos que pouco a pouco poidan probalo.

 Utilizámolo para repasar a lección de Coñecemento do Medio cós de 6º, en Língua Galega fixemos contos cós de Primeiro e os de Educación Infantil foron os que tiveron ocasión de probalo na clase de Inglés.

 Xa estamos empezando a crear novos materiais para poder usalos axiña e contarémosvos as novidades que acontezan.

29/11/2006 22:51 Autor: melavidalportela. Enlace permanente. Tema: T.I.C Hay 2 comentarios.

Extras

¿Tú primera visita a esta página?. Estás leyendo un weblog, también llamado blog y bitácora.

Powered by Blogia