Se muestran los artículos pertenecientes a Abril de 2007.

Resumen

02/04/2007

EASTER/Pascua

20070402211003-p1010465.jpg

O coelliño de PASCUA viu o outro día polo cole depois de ver a película polas aulas de Infantil e trouxo chocolates para todos.

Algúns leváchedes para casa os voso "Peter rabbits" feitos coas bandexas que aproveitamos das cariñas con "feelings".

Neste vídeo que nos mandan os amigos da escola de caracois podedes ver a historia doutro coelliño.

 e outros levaron os "chickens" que fixemos do mesmo xeito.

Na clase de 1º tamén fixeron uns poliños de algodón moi simpáticos pero non deu tempo a facer a casiña/cestiña de "chocolate" que tiñamos pensado facer.

 Meu fillo Diego fixo na casa unha para que podades vos facer o mesmo seguindo as instruccións que aparecen na BLOG de manualidades que compartimos co colexio de Estonia no novo Proxecto e-twinning no que andamos embarcados.

Tamén podedes ver as vosas imaxes de cando xogáchedes o xogo dos "sentimentos " na web do Proxecto indo a este botón

Logo tedes que dar neste outro

e podedes ver as vosas imaxes xogando na clase buscando o noso cole.

Se queredes ver as imaxes anteriores tedes que ir a este outro debuxo

Nestes días vades ter moito tempo en casa no que podedes visitar outras páxinas con actividades ,cancións e xogos para pasar un bo rato.

 Non esquezades visitar a páxina do  Zoo de Vigo para lembrar a información do animal que estades traballando pois á volta os nosos libros teñen que seguir "medrando".

 

02/04/2007 21:10 Autor: melavidalportela. Enlace permanente. Hay 2 comentarios.

05/04/2007



 

 Hoxe @s nen@s de 1º van facer a BLOG onde pouco a pouco irán colocando os traballiños que xa teñen feitos.

A imaxe que aparece na cabecera é a miña filla Aitana  .

Vos tamén podedes facela como presentación indo a esta páxina que os amigos da escola de caracois nos ensinaron.

 

05/04/2007 20:23 Autor: melavidalportela. Enlace permanente. Hay 4 comentarios.

16/04/2007

De novo no encerado dixital

O Venres fumos probar na pizarra a páxina de deseñar un boneco dixital que xa probaramos na aula de Informática pero non houbo sorte.

Nesta sesión tod@s probamos o encerado e cada un fixo unha cousa diferente mentras os demáis agardaban turno prestando atención á explicación d@s compañeir@s.

NAVIA encargouse de calibra-lo encerado.

CARMEN foi a que lle deu ó icono de internet para poder entrar na nosa BLOG.

Non funcionou o enlace á páxina do boneco dixital pero LETI pudo poñer a funcionar a que fixera Aitana.

RUBÉN ensinoulle os demáis como se facía unha BLOG traballando no ordenador portátil.

 

e VÍCTOR  deulle ó boton de "crear webblog" no encerado para rematar o proceso.

VALENTÍN completou o proceso dándolle a "ver BLOG".

 

BELÉN probou a vestir un boneco de carne e oso que lle prestara a profe Belén á profe Mela.

Seguimos logo facendo un monstro (tamén obra da profe Belén) os que aínda non participaran, e pouco a pouco engadímoslle partes...

JOANA púsolle as orellas.

RODRIGO o nariz.

CARLA debuxou o pescozo.

e PAULA engadiulle 5 patas.

ADRI foi o encargado de darlle nome e fixoo dende o portátil.

 

DANI xa fixera o outro día parte da sopa de letras dun dos contos da profe MARILIZ.

e PABLO escribira có rotula o nome dunha das persoaxes.

XACOBE participou nestas actividades e tamén cando "contamos" o conto de Riciños de ouro.

Non podemos usala tódolos días e para tódalas sesións pero voltaremos en canto podamos.

16/04/2007 00:34 Autor: melavidalportela. Enlace permanente. Tema: T.I.C Hay 1 comentario.

PROBA SUPERADA.......










Conseguímolo¡

Este é o boneco que fixemos coa pizarra entre tod@s.


BELÉN foi a encargada de calibra-la pizarra.

 
XACOBE empezou a face-lo debuxo.

 


Vamos a aproveitar para repasar Inglés cós peques .
1st "The head".


RUBÉN debuxou "Body" and "legs".

ADRI fixo "eyes", "ears" and nose".


LETI púsolle "belly".

CARMEN foi a encargada de ponerlle nome.

 

Fixemos un "teddy" de cor "brown" como o BROWN BEAR dos nosos "Libros que medran".
 

16/04/2007 13:02 Autor: melavidalportela. Enlace permanente. Tema: T.I.C Hay 2 comentarios.

Extras

¿Tú primera visita a esta página?. Estás leyendo un weblog, también llamado blog y bitácora.

Powered by Blogia