Se muestran los artículos pertenecientes a Octubre de 2007.

Resumen

TEMPO PARA LEMBRAR

20071005154455-friend-1-night.png

Xa levamos varias clases "repasando", lembrando ou aprendendo cousas novas , aquel@s que incorporáronse este ano ó noso cole por primeira vez.

Algunha das actividades xa eran coñecidas do curso pasado  como a de "colorear" no encerado dixital a Elmer e ós seus amigos , pero fixemos amigos novos como o que encabeza este artigo coas novas ferramentas de Tuxpaint e practicamos NIGHT and DAY debuxandoos con distintos fondos.

Debuxamos estrelas de cores e contámolas para practicar có novo pincel.

Tamén fixemos "elephants" na clase coloreando con "crayons" mentras non temos "felt tip pens" un día que non puidemos usar o encerado dixital, e xogamos con eles na alfombra contando, facendo series.....

Os máis cativos coñeceron ós animals dalgúns dos contos que imos usar neste curso.

Especialmente a Poppy que levantarase da cama cando nos cheguemos á clase.

Utilizamos o "calendar" no encerado dixital e levaremos reconto do "weather" neste curso.

e démoslle de comer a "caterpillar" pero só HEALTHY FOOD.

 

05/10/2007 15:44 Autor: melavidalportela. Enlace permanente. Tema: Inglés en Educación Infantil. No hay comentarios. Comentar.

VXI ENCONTROS PEDAGÓXICOS

20071005225704-xornadas-de-ensino-small.jpg
Nos XVI Encontros Pedagóxicos celebrados en Santiago de Compostela organizados pola Asociación Pedagóxica Galega e CIG Ensino , compartín algunhas das actividades que fago coas nenos e nenas no cole con outros profes.
Tivemos 4 sesións nas que na primeira metade fixemos as actividades ó xeito tradicional e na segunda metade coa axuda das T.I.Cs especialmente co encerado dixital.Non fun eu quen conectaba o encerado cada día xa que un dos obxetivos era perderlle medo a conectar canón, ordenador e encerado e supoño que agora xa non vos parece tan complicado (si dubidades mirade na páxina 18 deste manual)
Como parte das rutinas da aula usamos o encerado tradicional para escribir a data, tempo que facía...etc e utilizamos dúas manoplas con SUN e RAIN para os máis cativos. Co encerado dixital a actividades foi moito máis doada como podemos ver no artigo anterior .
Tamén coloreamos os "elephants" como fixeran os nenos e nenas no cole  agás os de 3 anos que lle fixemos a fotocopia en folios de cores e pusémoslle o seu nome para practicar o recoñecemento do seu nome e o dos compañeiros e compañeiras da clase. Elmer e os eus amigos foron coloreados  seguindo instruccións primeiro no papel e logo Antía axudounos a facelo no encerado dixital.
           
Tamén aprendimos a facer sales de baño de cores con colorantes alimentarios .Tedes as instruccións na nosa web de manualidades do noso Proxecto e-twining "Kindergartencrafts", pero aquí temos unha pequena mostra do bote tricolor.
 Tamén víchedes a nosa primeira versión do "caterpillar" con bandexas de papel
 
 e outra feita con alames de chenilla como os animaliños que fixeramos para o Proxecto Zoo , ou o xogo de cartas do Proxecto Kids hands in hands ámbolos dous invitados por Lieven Van Parys entro do programa e-twinning.
Na aula de Informática rexistráronse en e-twinning e viron as actividades que fixemos nestes Proxectos. A ferramenta que vamos a usar no novo proxecto @ni & m@te : stick pivot animator podedes descargala de xeito gratuíto. Velaiquí un exemplo do que podemos facer có programa.
Usei un dos contos preferidos dos meus nenos "Mrs Honey" reproducindo o video grabado coa pizarra para os profes de Español.
Podedes comparar coa imaxe do conto na alfombra cós nenos no cole.
Na imaxe podedes ver o conto "The bad tempered ladybird" de Eric Carle do que tamén fixemos unha versión con bandexas de papel.Non víchedes a versión en bandexas de Hermit crab do mesmo autor pero sí que probamos no encerado dixital.
 e temos o vídeo da versión feita có encerado dixital por un dos asistentes.


 Vimos brevemente como facer puzles e sopas de letras con Java Clic e seguindo instruccións utilizando tuxpaint o autoretrato para orlas, intercambios escolares...etc seguindo o exemplo da BLOG da miña filla Aitana  Pero deste programa vámonos ocupar con frecuencia máis adiante xa que é indispensable para os Proxectos que temos que desenvolver este ano. Como avance as imaxes dos denosaurios que crearon con collage de papeis de revista para logo reutilizar có programa.Seguro que esquezo algunha das actividades pero teredes ocasión de atopalas por aquí noutras ocasións ó longo do curso escolar.

PREMIOS BLOGS SOLIDARIOS

20071020231646-premioblogsolidario21rr1.jpg

 Graciñas a T.I.Ccher Belén pola sua nominación e cumprindo coas normas de funcionamento

do premio, expoño as regras de participación:

-Nominar a sete persoas que un crea que teñen blogs solidarios e enviarlles

un correo electrónico para que se decaten do premio.


-Os premiados deberán entregar o premio á súa vez a outros sete bloggers da súa elección.


-Os premiados deberán publicar un post no seu blog (colocar a imaxe do blog solidario é opcional)

Para non repetir nominacións os meus sete blogs solidarios son:

http://blogs.lavozdelaescuela.es/blog/blogmaestro/ 

porque a miña primeira experiencia neste mundiño foi da man do programa prensaescuela .

http://hablapormidiceiago.blogspot.com/ 

por darlle voz a Iago para que todos nos podamos escoitalo e compartir as suas vivencias .

http://spike-webpage.blogspot.com/

 por compartir as súas experiencias con outros profes de línguas.

http://deestranjis.blogspot.com/ 

por ensinar e compartir recursos cós profes de español como língua estranxeira

http://pizarramaxica.craescuela.net/ 

por compartir o camiño andado e facer máis asequible a "pizarra máxica"

http://www.ugr.es/~iperez/myblog/index.htm 

polo inmenso banco de recursos que podemos atopar nas súas páxinas @s profes de inglés

http://etip.edublogs.org/category/meulebeke_belgium/ 

por ser unha das primeiras experiencias que coñecín de Lieven Van Parys , promotor de varios

 dos Proxectos e-twinning nos que participamos .

Non teño o enderezo electrónico dalgún deles polo que deixarei unha mensaxe na sección

 de comentarios destes BLOGS.

 

 

20/10/2007 23:16 Autor: melavidalportela. Enlace permanente. Tema: T.I.C No hay comentarios. Comentar.

COÑECENDO O TECLADO

20071101220006-tecrado-de-cores-pequeno.png

Este ano imos ir pasiño a pasiño coñecendo aquelas partes do ordenador que precisamos para nosas sesións.

Para algúns esta é a primeira vez que manexan o teclado para escribir textos ,polo que estivemos aprendendo

 para qué sirven algunha teclas que imos a utilizar . No debuxo témolas de diferentes cores e escribiremos  nesas

 cores para explicar a súa función.

Temos dúas teclas de cor amarela na imaxe, unha Bloq Mayús , que imos usar

 para escribir con maiúsculas (temos que volver a darlle si queremos que deixe de funcionar).

Aputra tecla que aparece debaixo tamén serve para poñer maiúsculas ou a parte de arriba das

teclas dos números ou outros símbolos só temos que tela pulsada ó mesmo tempo que a tecla

que imos precisar.

Tamén podemos ver na imaxe que algunhas teclas teñen tres posibilidades e teñen outro

caracter abaixo á dereita para escribir o terceiro temos que ter pulsada a tecla azul Alt gr.

De cor laranxa temos a tecla que imos usar para borrar a última letra/símbolo escrito,

si queremos borrar máis de unha temos que darlle varias veces.

En verde temos a barra espaciadora para poder separar as palabras nas frases que escribimos

e de vermello a que nos fai cambiar de línea ou deixar espazos entre líneas.

As tecras de cor castaño serven para mover o rato na dirección indicada e

as de cor lila ímoslle adicar un pouco máis de tempo na próxima sesión.

24/10/2007 16:24 Autor: melavidalportela. Enlace permanente. Tema: Apoio ás T.I.Cs 1º Ciclo de Primaria No hay comentarios. Comentar.

Cantar e contar no encerado dixital

 

Este ano utilizamos o encerado dixital con máis frecuencia nas clases de Inglés en Educación

 Infantil, e imos grabar algunhas sesións para que lembredes na casa o que facemos na aula.

 Utilizamos o Inglés ó entrar, salir da aula, polo pasillo mentras imos a audiovisuais cantando

 e "contando", á hora da merenda....

Xa contaramos contos na pizarra noutras ocasións pero non escoitaramos como contamos

cando calibramos o encerado...

 

 

ou cando facemos karaoke coa canción das cores

"Sing a rainbow".

este simpático monicreque tamén aprende as cores

coma nos.

 



Extras

¿Tú primera visita a esta página?. Estás leyendo un weblog, también llamado blog y bitácora.

Powered by Blogia

Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]